As Anpas da provincia de Lugo concentráronse ante a Xunta para denunciar os recortes educativos

LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
Denunciaron os recortes que se efectuarán nos centros educativos de toda a provincia para o próximo curso
concentracion-fapacel-lugo
10 sep 2024

Debido aos recortes que se efectuarán nos centros educativos de toda a provincia de Lugo para o próximo curso, a Fapacel xunto coas Anpas afectadas celebrou unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo na xornada de hoxe. Baixo o lema A educación pública en pé, pediron que se reduzan os recortes e máis compromiso por parte da Xunta nesta cuestión.

O colectivo denuncia tamén a falta de interese por parte da Consellería de Educación para tentar solucionar as deficiencias de recursos. Recentemente, a federación que agrupa a 102 asociacións da provincia asegura que, por parte da Educación, están a incumprirse os acordos asinados “no principio do ano para o“agrupamento” por aulas de alumnos de diferentes cursos e que tampouco se están respectando os cocientes establecidos para o número de matriculados por clase.

Concelleiras, concelleiros e cargos do BNG participan na mobilización convocada. Na sesión afirman que entre o 2009 e o 2022 o gasto en educación no conxunto do Estado incrementouse un 19,4 %, mentres que en Galicia creceu tan só un 9,9%.

O BNG reclama, entre outras medidas, un sistema de axudas para todas as familias, a aplicar xa este mesmo curso co abono directo dos gastos en libros de texto. Ademais, proponse o incremento de persoal de apoio para os nenos e nenas que requiren atención específica por algún tipo de discapacidade ou diversidade garantindo os mesmos dereitos á educación pública e a redución das ratios nas aulas dos centros de ensino públicos.

 

 

0.168044090271