As andainas saudables volven á Serra de Queixa

As andainas “Vén a Camiñar con Nós”, organizadas pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, regresan á Serra de Queixa en maio e xuño da man do doutor Carlos Moral e da residente de Entermaría Lucía Bruquet Costa.
A primeira das andainas será o 13 de maio ás 17.00 horas. Os participantes percorrerán a Ruta do Teixedo nunha ruta que terá saída no Merendero de Santa Cruz.
O 4 de xuño haberá unha ruta circular por San Cirstovo, con saída da antiga Escola de Rabal, ás 17.00 horas.