As actividades lúdicas, culturais e deportivas volven a Quiroga despois de dous anos

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Quiroga retoma las actividades lúdicas, culturales y deportivas después de estos años de pandemia.
ruta sendeirismo quiroga
9 Feb 2022

O Concello de Quiroga xa ten organizadas as actividades que os distintos departamentos municipais ofertan para toda a veciñanza para estes primeiros meses do ano e nos que se retoman moitas das actividades habituais desta época.

Actividades lúdicas, deportivas e culturais que nos últimos anos non se puideron realizar por mor da pandemia sanitaria, tentará novamente nestes meses levalas a cabo, sempre que as condicións sanitarias o permitan.

Actividades infantís como o obradoiro de cociña Mini Chef, a Ludoteca Municipal, certames de narración e debuxo das Letras Galegas ou un concurso de debuxo sobre a feira do Viño. Actividades específicas para os maiores do Centro Social con xornadas de bingo e ximnasia de mantemento.

Complementan outras para o público en xeral como exposicións, teatros, contacontos, clases de música ou os cursos de tecido en tear e os cantos de taberna que se retoman despois de dous anos de pandemia.

Está programada algunha máis nova como un obradoiro da técnica de Pedra Seca, organizado polo Xacobeo 2021-2022 e a Acción Cultural en colaboración co Concello de Quiroga.

A pandemia tamén trouxo outras actividades que agora xa se impoñen como foron as andainas polo val de Quiroga que dada a súa aceptación continuarán a desenvolverse nos meses de primavera. No eido deportivo tamén seguen impartíndose as escolas deportivas de fútbol sala e voleibol e os días 7 e 8 de maio desenvolverase o Trail de Quiroga.

Varias son as datas ata o mes de xuño que dende o Concello de Quiroga merecen destacarse con actividades específicas como son as festas de Entroido a finais deste mes de febreiro e o día 8 de marzo, día Internacional da Muller. A celebración os días 16 e 17 da XL Feira do Viño con todos os actos que conleva, concurso Quiroga de Tapas, carreira popular ou concurso de camisetas, e a Mostra do Aceite no mes de maio.

A maiores hai actividades que nos están organizadas dende o concello pero colabora no seu desenvolvemento como son os cursos de estimulación congnitiva ou as clases de baile rexional, gaita e pandeireta, adestramento persoal, pilates ou zumba.

Todas as actividades propostas, que xa están recollidas nun folleto a disposición de todos os veciños, pódense levar a cabo cumprindo as medidas sanitarias vixentes nestes momentos, non obstante todas elas están suxeitas a cambios ou supresión se as normas sanitarias así o aconsellan.

0.15543389320374