As actividades deportivas regresan a Sober de mércores a venres

RibeiraSacraXa
Haberá clases de ximnasia de mantemento, pilates e baile
ximnasia-mantemento-maiores-1
2 Feb 2026

O Concello de Sober retomou a súa oferta de actividades deportivas dirixidas á comunidade, con clases de ximnasia de mantemento, pilates e baile para fomentar un estilo de vida activo.

As clases de ximnasia de mantemento impártense os mércores ás 10:00 horas no ximnasio municipal, e os xoves nas parroquias de Anllo (15:30 horas), Bolmente (16:45 horas), Rosende (18:00 horas) e Canabal (19:15 horas).

Ademais, os xoves hai clases de pilates ás 11:00 horas no ximnasio municipal, mentres que os venres están adicados ás sesións de baile ás 19:00 horas, tamén no ximnasio municipal.

Para máis información e inscricións, os interesados poden acudir ao Centro Sociocultural de Sober.

⚙ Configurar cookies
0.076244115829468