As actividades de memoria e ximnasia do programa envellecemento activo volven a Bóveda
O Concello de Bóveda pon en marcha, un ano máis, a programa de envellecemento activo para persoas maiores de 65 anos que engloba dúas actividades: memoria e ximnasia.
Desta maneira, as clases impartiranse durante este curso nas diferentes parroquias do municipio en horarios distribuídos.
Así, en Bóveda impartirase os martes o curso de memoria ás 10.25 horas, mentres que en Teilán será ás 11.50 horas tamén os martes; en Rubián será os mércores ás 17.10 horas, en Raíña será os mércores ás 15.45 horas, en Guntín será os xoves ás 17.00 horas e en Ribas P. será os xoves ás 15.30 horas.
Pola súa parte, as clases de ximnasia impartiranse en Teilán ás 10.45 horas os martes, en Rubián serán os mércores ás 18.30 horas; en Raíña serán os mércores as 17.15 horas, en Guntín serán os xoves ás 18.15 horas e en Ribas P. serán os xoves ás 17.00 horas.