Arredor dunha decena de veciños de Chantada viaxaron a Santiago grazas ao programa de mobilidade do CDG

RibeiraSacraXa
A veciñanza desprazouse no Autobús  do Teatro para ver a nova produción propia do CDG, ‘A Serie Cløpen’
veciños-chantada-salon-do-teatro-santiago
Veciños de Chantada no Salón Teatro de Santiago
11 Oct 2025

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG) levou este xoves a maís dunha decena de veciños e veciñas de  Chantada ata Santiago de Compostela para asistir á función A Serie Cløpen.

Trátase da primeira produción propia do CDG nesta tempada, unha proposta multidisciplinar que combina circo, danza, clown, acrobacias e humor, cunha historia que reflexiona sobre os retos da mocidade no mundo actual. A dirección corre a cargo de Pablo Reboleiro, con dramaturxia do propio Reboleiro e de Clara Gayo, e no elenco participan Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo.

Grazas ao ‘Autobús do Teatro’, a veciñanza gozou dunha xornada de cultura e convivencia no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

⚙ Configurar cookies
0.071351051330566