Arredor de 150 deportistas participaron esta fin de semana en Monforte na VI Gala de Ximnasia Rítmica

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este fin de semana na entrega de medallas da VI Gala de Ximnasia Rítmica, celebrada no Pavillón Polideportivo de A Pinguela.
Acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o rexedor destacou a ampla participación no evento, que reuniu a unhas 150 ximnastas, maioritariamente de Monforte, pero tamén procedentes doutras localidades da comarca de Lemos.
A gala foi organizada polo Club Rítmica Kendra coa colaboración do Concello de Monforte, e contou cunha gran asistencia de público, que encheu as bancadas do recentemente remodelado pavillón para apoiar ás deportistas. O encontro serviu como peche de tempada e escaparate do traballo realizado polas ximnastas ao longo do ano.