Arrancan cunha pancetada as festas de Piñeira, en Monforte
RibeiraSacraXa
As celebración continuarán o domingo e o luns
Cartel
26 Jul 2024
A localidade de Piñeira, en Monforte, está de festa esta fin de semana na honra a San Antón.
Comezarán as festas esta noite de sábado, ás 21.30 horas, cunha pancetada veciñal, á que seguirán as actuacións de Mago Iago e Malenne/Os Parentes, para finalizar co Dj Brollón.
O domingo está prevista misa ante da sesión vermú, que será no campo da festa con Mar de Arousa, grupo que tamén se encargará da verbena xunto a Eureka.
O luns tamén haberá misa ás 13.00 horas, nesta ocasión con procesión, que estará acompañada polo grupo de gaitas do Concello.
A partir das 18.00 horas está previsto tiro de corda contra o tractor e moitos máis xogos populares. A partir das 22.00 horas será a vez da verbena, con DJ Son1c, M3 Show e Acordes.