Arranca unha nova edición da Feira do Viño de Quiroga

RibeiraSacraXa
Viño, música, homenaxes, entregas de premios e o pregón a cargo de Fernando Romay protagonizan a XLII edición desta feira
feira-do-viño-de-quiroga
Casetas da XLIII Feira do Viño de Quiroga
18 Apr 2025

Quiroga comeza hoxe unha das citas máis importantes do seu calendario festivo. A Feira do Viño de Quiroga abre as súas portas este venres cun extenso programa de actividades que, pese ao mal tempo, non deixará indiferente a veciños e visitantes. Os viños serán os grandes protagonistas desta cita, onde tamén haberá tempo para a música, as homenaxes e os premios.

Venres, 18 de abril

A programación da Feira do Viño de Quiroga comeza hoxe cunha dobre sesión de cata de viños espumosos, que se celebrará ás 12:30 e ás 17:30 horas na praza da rúa Lago Xa pola tarde, ás 19:30 horas, terá lugar un acto de homenaxe aos precursores da Feira do Viño de Quiroga, acompañado da apertura dunha exposición gráfica das primeiras edicións da feira, na Casa da Cultura.

Ás 21:00 horas, abriranse ao público as casetas das diferentes adegas participantes, marcando oficialmente o inicio da feira.

A xornada pecharase con música en directo: a partir da medianoite, o grupo local Mario Colomán & The Clocks Band actuará no recinto feiral, seguido dunha discoteca móbil a cargo de EME.MUSIC, que animará a noite.

Sábado, 19 de abril

A segunda xornada comezará ás 11:00 horas coa reapertura das casetas das adegas.
Ás 11:30 horas celebrarase o XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Muiño”, que inclúe un desfile de bandas pola rúa Real e posteriores actuacións e concurso na praza de España.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a charanga “CLK” animará as rúas co seu pasacalles.
O acto central da xornada será o pregón, previsto para as 20:30 horas no escenario do recinto feiral. Este ano estará a cargo de Fernando Romay, exogador do Real Madrid e da selección española de baloncesto, presentado polo xornalista da Radio Galega, Carlos Julio González Gómez.

Inmediatamente despois, ás 21:00 horas, entregaranse os premios do cartel da Feira do Viño 2025 (gañadora: Laura Magdaleno, de Os Anguieiros, Quiroga), os do XIII Concurso Val de Quiroga de Tapas, e o galardón ao mellor conxunto de casetas da feira.
A música será de novo protagonista a partir das 23:00 horas co concerto do grupo La Banda de Ayer, no escenario principal.

Domingo, 20 de abril

O domingo arrancará ás 11:00 horas coa apertura das casetas das adegas e coa tradicional alborada a cargo do grupo de gaitas O Recanto, que tamén se encargará de ambientar o recinto feiral.

A programación matinal completarase ás 13:00 horas cun pasarrúase actuación da Banda de Música de Antas de Ulla, que percorrerá e animará a feira co seu repertorio.

⚙ Configurar cookies
0.1931209564209