Comeza en Pantón un obradoiro de bordado e costura creativa

O Concello de Pantón pon en marcha a partir do 2 de outubro un Obradoiro de Bordado e Costura Creativa, dirixido a todas as persoas interesadas, sen necesidade de experiencia previa.
As clases desenvolveranse todos os xoves en horario de 17:00 a 19:00 horas. A actividade ten un prezo de 30 euros ao mes, que inclúe todo o material necesario. O obxectivo do obradoiro é que as persoas participantes poidan elaborar as súas propias creacións nun ambiente relaxado e de comunidade.
Para máis información e inscrición, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 665 660 397.