Arranca en Monforte un ciclo formativo dirixido ao sector dos coidados

RibeiraSacraXa
Acción contra a Fame iniciará o 3 de abril no Centro Social do Malecón o itinerario "Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados" dirixido a persoas que se estean formando en atención á dependencia e coidados
Imaxe-recurso-persoas-maiores
26 Mar 2025

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no sector sociosanitario, a Fundación Acción contra a Fame pon en marcha o itinerario de talleres "Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados", dirixido a persoas que están finalizando a formación CM Atención a persoas en situación de dependencia ou o Certificado de Profesionalidade en Atención Sociosanitaria ou formacións similares.

Este programa formativo está estruturado nunhas seis sesións de carácter práctico, que abordarán desde a busca de emprego ata o emprendemento no sector dos coidados, con especial atención ás oportunidades no ámbito rural.

A primeira sesión, titulada "O mercado de traballo no sector dos coidados", terá lugar o próximo 3 de abril no Salón de Actos do Centro Cívico e Social do Paseo do Malecón (Monforte de Lemos), de 17.00 a 19.00 horas.

Neste encontro, analizaranse as distintas saídas profesionais, as tendencias do sector e as posibilidades de autoemprego. Ademais, contarase coa participación de profesionais que compartirán a súa experiencia e visión sobre o futuro dos coidados.

Este itinerario busca ofrecer ás persoas participantes as ferramentas necesarias para acceder ao mercado laboral con éxito, promovendo ao mesmo tempo a innovación e o emprendemento no ámbito dos coidados.

As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse a través de https://bit.ly/mercadocoidados ou no 648 166 848 e 616 515 455.

Esta actividade enmárcase no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible financiado por FSE+ e Fundación MAPFRE.

⚙ Configurar cookies
0.24473810195923