Arranca a XXII Feira Medieval de Monforte

RibeiraSacraXa
140 postos e decenas de actividades encherán a cidade durante este sábado e domingo
feira-medieval-monforte-facebook
4 Apr 2026

Arranca a XXII Feira Medieval de Monforte, que encherá a cidade de actividades durante esta fin de semana en diferentes puntos do centro urbano e do conxunto histórico. Será unha edición “moi completa e cargada de animación que invadirá as rúas con música medieval, bufóns, trobadores e personaxes fantásticos durante os 2 días da feira”, asegura o rexedor, José Tomé Roca.

Entre os espazos principais destaca a Praza de España, que acollerá o campamento medieval e espectáculos como a inauguración oficial con salva de artillería, lume e acrobacias. Desde este punto sairán tamén desfiles como o do Gran Dragón ou pasarrúas con ambientación fantástica.

Outros escenarios serán a Praza de San Antonio, con exposición de aves de rapina e o espectáculo final “Vulcano”; a Praza das Clarisas, con actividades infantís; o Adro da Régoa, con tiro con arco e gastronomía; ou o Campo da Terra dos Escolapios, onde terán lugar as xustas medievais. A noite do sábado terá como punto central a Praza Luis de Góngora, con espectáculos visuais e a solta de faroliños.

O Mercado Medieval contará con 140 postos distribuídos polo conxunto histórico, entre eles 35 de alimentación, 80 de artesanía certificada e outros de comercio variado. A ambientación completarase coa decoración de rúas e espazos emblemáticos, así como cos concursos de traxes, balcóns e establecementos, cuxa entrega de premios será o domingo ás 19:00 horas.

PROGRAMA COMPLETO DA XXII FEIRA MEDIEVAL DE MONFORTE

0.12134408950806