Arranca a Primavera Musical en Sober cun concerto de guitarra a cargo de Gonzalo Peñasola

RibeiraSacraXa
A actividade enmárcase dentro do programa do Mes do Amandi e terá lugar esta tarde na Casa Museo Genia Trigo de Gundivós
gonzalo-peñalosa-sober
21 Mar 2026

Sober dá comezo este sábado á Primavera Musical cun concerto de guitarra a cargo de Gonzalo Peñasola, que terá lugar na Casa Museo Genia Trigo de Gundivós ás 19:30 horas. A actuación forma parte da programación do Mes do Amandi, que combina propostas culturais e actividades vinculadas ao viño.

A axenda continuará nos vindeiros días con novas iniciativas. O martes 24 de marzo celebrarase o V Concurso de Cata por Parellas no Centro Sociocultural, unha cita dirixida ás persoas afeccionadas ao mundo do viño.

Ademais, o mércores 25 e o xoves 26 de marzo desenvolveranse xornadas técnicas e catas centradas en variedades resistentes a enfermidades e en viños sen alcol, actividades que estarán coordinadas por especialistas en enoloxía.

0.12533402442932