Argalleiras Teatro presenta este sábado en Carballedo a súa función 'A Autopista'

RibeiraSacraXa
A función será ás 19.00 horas no Salón de Actos do Concello
A autopista
Función 'A Autopista'
22 Feb 2025

Argalleiras Teatro presentará este sábado, 22 de febreiro, en Carballedo, a función A Autopista. A representación comezará ás 19.00 horas no Salón de Actos do Concello de Carballedo e está destinada a todos os públicos.

A Autopista está dirixida por Francisco Abeledo e o elenco está formado por Ana María Bermúdez, Alelí Taboada, Mila R. De Arriba, María José Rodríguez, Ángeles Vázquez e Lucas Regal.

A función aborda, desde un punto de vista cómico, a construción dunha autopista entre dúas rúas e como este feito afecta á vida das veciñas e veciños, que verán como as súas rutinas e a súa forma de ver o mundo cambian debido a esta circunstancia.

0.19115495681763