Argalleiras Teatro levará a Carballedo a súa función ‘A Autopista’

Argalleiras Teatro presentará o próximo sábado, 22 de febreiro, en Carballedo, a función A Autopista. A representación comezará ás 19.00 horas no Salón de Actos do Concello de Carballedo e está destinada a todos os públicos.
A Autopista está dirixida por Francisco Abeledo e o elenco está formado por Ana María Bermúdez, Alelí Taboada, Mila R. De Arriba, María José Rodríguez, Ángeles Vázquez e Lucas Regal.
A función aborda, desde un punto de vista cómico, a construción dunha autopista entre dúas rúas e como este feito afecta á vida das veciñas e veciños, que verán como as súas rutinas e a súa forma de ver o mundo cambian debido a esta circunstancia.