Aprobadas as bases da convocatoria de bolsas para pilotos de rally

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo aproba as bases da convocatoria de bolsas para pilotos de rally, cun importe de 41.000 euros
III slalom ruta da auga guitiriz6
14 May 2022

O deputado de Deportes Efrén Castro deu conta da aprobación este venres en Xunta de Goberno as bases da convocatoria de bolsas para pilotos de rally, cun importe total de 41.000 euros. A convocatoria está dirixida a deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, nas modalidades de rally de asfalto, terra e montaña e vehículos históricos, e con residencia na provincia.

As achegas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, dacordo cos resultados acadados polas persoas solicitantes nas probas disputadas nos campionatos galegos, estatais e internacionais, do posto acadado na clasificación xeral do Campionato Galego e da participación nas probas do Campionato Galego que se disputan na provincia de Lugo – Rally da Mariña, Rally San Froilán, Subida a Chantada e Subida á Pontenova.

O deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que esta liña de axudas pretende “apoiar unha modalidade deportiva moi esixente economicamente, sobre todo para as persoas que se inician nela e que teñen máis dificultades para optar a patrocinadores privados” e inscribiu a convocatoria nas diferentes accións que se desenvolven desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo para a promoción do automobilismo, entre elas, o apoio económico a todas as probas do circuíto galego que se celebran na provincia e o Volante Deputación, que promove a formación e dá oportunidades de incorporarse á competición a novos talentos”.

A convocatoria publicarase nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia, abríndose daquela o prazo de solicitude.

0.16580295562744