Aprazada a obra de Trécola Producións prevista para o 28 de decembro en Monforte
A obra do grupo de teatro Trécola Producións, prevista para o vindeiro martes 28 de decembro no Salón de actos do Edificio Multiusos de Monforte, é aprazado.
O motivo do aprazamento é debido á detección de dous positivos pola covid-19 entre os membros de dita compañía.
Cando se determine a nova data do concerto, o Concello informará da mesma polos cauces habituais.
Trécola Producións
É a segunda xeración dunha compañía creada no ano 1981 cuns obxectivos que se seguen mantendo a día de hoxe. Como a dignificación e o protagonismo das marionetas como ferramenta artística no teatro. Levan máis de 13 anos vivindo o mundo das marionetas.
A súa proposta escénica está baseada en anos de experimentación no manexo e construción de diferentes tipos de marionetas, sempre ideando a mellor opción segundo as necesidades do personaxe ou escena.
Tentan fomentar, sempre dende o divertimento, valores coma a igualdade, o respecto e o apoio mutuo. Xa que ven de vital importancia unha educación emocional positiva así como de respecto pola natureza.
Na actualidade contan con oito obras no seu repertorio, e dende o seu comenzo como responsables da compañía dezaoito montaxes estreadas na súa maioría creadas dende a nada e construíndo escenografías, estruturas, marionetas e guións, deseños de iluminación, selección de músicas, vestiarios...