Anunciada a Festa da Cantarela en Paderne do Courel

RibeiraSacraXa
As cantarelas representan un dos cogomelos de maior valor comercial e gastronómico pola súa calidade e amplas posibilidades en cociña.
cantarela 122
25 Xuño 2022

As cantarelas ou chantarelas (Cantharellus cibarius, C. pallens e especies afíns), representan un dos cogomelos de maior valor comercial e gastronómico pola súa calidade e amplas posibilidades en cociña.

A III festa da Cantarela retoma anteriores edicións nun festexo de reivindicación deste produto, "do seu valor, calidade e
posibilidades gastronómicas e comerciais, pero tamén da riqueza e beleza dos espazos naturais da comarca na que se atopa este cogomelo excepcional".

As cantarelas ou chantarelas (Cantharellus cibarius, C. pallens e especies afíns), son "un dos cogomelos de maior valor comercial e gastronómico pola súa calidade e amplas posibilidades en cociña".

Asemade, resulta ser unha das especies máis emblemáticas e usuais da biodiversidade fúnxica asociada aos soutos de castiñeiro, "representando un potencial recurso e aproveitamento engadido a estes espazos emblemáticos de gran valor ecolóxico, cultural e económico na comarca de Courel e outros territorios de montaña".

Desde a organización comentan que os obxectivos desta celebración baséanse en "poñer en valor e dar a coñecer un recurso eaproveitamento asociado ao territorio, as súas características e múltiples posibilidades". Así mesmo, tamén destacan que van
"promocionar, a través dun acto festivo turístico, o coñecemento da comarca e os seus valores naturais e culturais".

Todo isto acontencerá o sábado 9 de xullo. Ao redor das 10.30 horas haberá unha ruta por itinerarios naturais da contorna e sairase desde o centro de Paderne, na aira do Quintairo. De 13.00 a 13.30 do mediodía inaugrurase formalmente a celebración e haberá unha degustación popular de tapas "elaboradas con cantarelas a prezo económico, preparados nas casas rurais do lugar e coa colaboración do cociñeiro Héctor López do restaurante España de Lugo".

Xa en horario de tarde, de 16.00 a 17.00 horas, acontecerá unha representación de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco. Así mesmo, tamén se presentará a Fundación Legar coa idea de manter a preservación da música de raíz. Logo haberá un paseo ao alvar  rehabilitado do Val Maior. A troula estará amenizada con música popular a cargo da “Foliada de Bosende”

festa da cantarela
0.098774909973145