Antón Acevedo visitou as obras da nova residencia de maiores que se está a construír no Concello de Pantón
RibeiraSacraXa
Durante o encontro, puxo en valor a creación de recursos de atención por todos os concellos de Galicia
7 Jun 2024
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou as obras da nova residencia de maiores que se está a construír no Concello de Pantón.
Durante o encontro, puxo en valor a creación de recursos de atención por todos os concellos de Galicia que lles permitan ás persoas maiores contar con centros próximos aos seus fogares.
Así mesmo, lembrou que o Goberno galego está a destinar 18,5 millóns de euros procedentes dos fondos europeos para impulsar a creación de centros residenciais e diúrnos de titularidade municipal por toda Galicia. Un plan de investimentos que permitirá a creación de 650 novas prazas.