Andrea Nunes presenta este xoves en A Pobra do Brollón o seu último poemario ‘Mapa da estría’

RibeiraSacraXa
A actividade forma parte da programación do Concello de A Pobra do Brollón para conmemorar o Día das Bibliotecas
andrea-nunes
Andrea Nunes
22 Oct 2025

A escritora e activista galega Andrea Nunes Brións levará este xoves 23 de outubro a A Pobra do Brollón o seu máis recente traballo literario, o poemario Mapa da estría, acompañada polas poetas Olga Novo e Alba María. A presentación terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e a entrada será de balde.

Nunes Brións, nacida en 1984 en Marín, combina a súa labor como escritora coa docencia da lingua galega e a actividade social. Mapa da estría, publicado en xuño pola editorial Chan da Pólvora, afonda na poesía de autoficción e nutrese de experiencias vividas en distintos países como China, Guinea Bissau, Vietnam, India, México e Italia. Segundo a autora, o libro pretende “cartografar as diferentes emocións e feridas que deixaron os lugares, encontros, linguas e afectos vividos nos últimos anos”.

A actividade forma parte da programación do Concello de A Pobra do Brollón para conmemorar o Día da Biblioteca. Xunto á presentación para adultos, os nenos e mozos de entre 4 e 16 anos poderán gozar dun escape room na biblioteca municipal Antonio Reboiro o venres 24 ás 18:00 horas. Esta actividade, incluída no programa Ler Conta Moito da Xunta, propón resolver misterios mediante cooperación e enxeño, e require inscrición previa na biblioteca antes do 22 de outubro chamando ao 982 430 546.

⚙ Configurar cookies
0.067406892776489