'Anacos' chega esta tarde ao Centro Sociocultural de Sober

RibeiraSacraXa
Ítaca Teatro presenta, hoxe ás 19.00 horas, no Centro Sociocultural de Sober o seu espectáculo de narración oral titulado "Anacos" a cargo de Carlos Rebolo
Anacos Sober
19 Nov 2021

Ítaca Teatro presenta, hoxe venres 19, ás 19.00 horas, no Centro Sociocultural de Sober o seu espectáculo de narración oral titulado "ANACOS" a cargo de Carlos Rebolo (contador de historias). Trátase dunha serie de historias escoitadas, vividas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá.

O espectáculo forma parte do Programa Aparte do Circuíto de Teatro Profesional da Deputación de Lugo e recoméndase para público a partir dos 13 anos. A entrada é de balde ata completar a capacidade.

Con esto búscase ofrecer aos veciños da zona entretemento e actividades para pasar un bo rato de ocio e lecer.

WhatsApp Image 2021 11 15 at 15.50.58
0.08925199508667