Amplíase o prazo de inscrición para participar como cabezudo nas festas patronais de Monforte
O Concello de Monforte informa que vén de ampliar o prazo para as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais deste ano, en concreto ata este xoves 11 de agosto.
Para elo, deberán realizar a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9.00 e as 14.00 horas.
O Concello dispón aínda de prazas para realizar esta actividade que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.
Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo 14 de agosto en horario matinal.
Esta actividade terá remuneración económica de 25€ e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.
Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.