Amigos do Patrimonio de Lemos e O Colado do Vento organizan unha conferencia sobre Monforte durante a Idade Media

O próximo venres 14 de novembro, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura de Monforte de Lemos acollerá unha conferencia titulada ‘A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media’.
A charla será impartida por Luis Manuel Ibáñez Beltrán, doutor en Estudos Medievais pola Universidade de Santiago de Compostela, que analizará como Monforte se consolidou como un centro político, relixioso e económico na comarca da Terra de Lemos durante a Idade Media, ofrecendo unha visión actualizada e detallada do pasado medieval da zona.
A actividade está organizada polas asociacións Amigos do Patrimonio de Lemos e O Colado do Vento, dentro das súas iniciativas para promover e poñer en valor o patrimonio histórico local, e a entrada será libre ata completar aforo.