Amiaquigal organiza unha conferencia sobre a poda do olivo en Quiroga

RibeiraSacraXa
Amiaquigal organiza una conferencia sobre la poda del olivo en Quiroga. Será el próximo 8 de marzo a las 18.00 horas.
a poda olivo quiroga
6 Mar 2022

Baixo o título de "A Poda no Olivar", a Enxeñeira Técnica Agrícola, Montserrat Liceras Pascual, explicará de xeito introdutorio cuestións como a finalidade, o momento e o tipo de poda, sin esquecer cuestións referentes ás ferramentas e á prevención de riscos.

Esta conferencia organizada dende a asociación Amiaquigal, amigos dos aceite de Quiroga e Gallaecia, terá lugar o vindeiro martes día 8 de marzo, a partir das seis da tarde nas instalacións do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga.

A xornada tamén terá unha parte práctica. Vicente Parra Vizcaíno, como experto, fará unha demostración de poda en exemplares de recente plantación, en torno aos 5 anos, co obxecto de reconducir o seu desenrolo acorde o lugar e pretensións.

As persoas que queiran participar deberán de inscribirse previamente cumprimentando unha folla de inscrición e remitíndoa ao correo electrónico da asociación Amiaquigal e abonando unha cota de 15 euros.

A actividade conta coa colaboración do I.E.S. de Quiroga, os Concellos de Quiroga e Ribas de Sil, Aceite de Quiroga, Montañas do Caurel, Aceiroga, Viveiros Pazo do Sil e Novas Rutas da Ribeira Sacra.

0.10642600059509