Alumnos do Colexio Novo de Monforte realizaron unha excursión ao Concello de Bóveda

RibeiraSacraXa
El alumnado del Colexio Novo de Monforte realizó una excursión al ayuntamiento de Bóveda el pasado 4 de abril.
excursion colexio novo monforte boveda3
7 Abr 2022

O alumnado dos dous quintos do Colexio Novo de Monforte realizaron o pasado 4 de abril unha excursión ao Concello de Bóveda. Nesta, visitaron o viveiro Os Trollos, Ribas Pequenas e o novo miradoiro no Alto do Couto.

A excursión comezou coa visita, a primeira hora ao viveiro Os Trollos onde X. Mariño lles mostrou a aula forestal con información referida ás sementes e ás variedades de árbores, mapas e miniaturas da zona, pesca e caza, uso da madeira, cogomelos, etc.

A continuación trasladáronse a Ribas Pequenas. Un dos poucos muíños de auga que aínda funcionan. Alí comprobaron de primeira man o seu funcionamento, ampliando así os coñecementos que tiñan de base grazas a o proxecto que leva a cabo a biblioteca do centro sobre os artesáns.

Á media mañá, subiron ao novo mirador, no Alto do Couto, onde buscaron diferentes concellos que se poden dislumbrar dende o miradoiro, un total de 17 municipios. Ademáis tiveron a sorte de obter información moi interesante da man do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e da arquitecta que deseñou o miradoiro, Consuelo Rodríguez.

Para rematar a visita realizaron unha actividade en inglés Easter egg hunt, unha clásica busca de ovos, na que participaron activamente os dous grupos encargados de esconder ou buscar.

0.14053297042847