Alumnado do IES A Pinguela fixo unha excursión á serra de Atapuerca
O departamento de Bioloxía do IES A Pinguela organizou unha visita aos xacementos arqueolóxicos da serra de Atapuerca co alumnado de Bacharelato desa materia.
Visitaron tamén o CAREX de Atapuerca, espacio da Junta de Castilla y León dedicado á divulgación da experimentación en Arqueoloxía e tamén o fantástico Museo da Evolución Humana de Burgos, onde aprenderon sobre as outras especies de humanos e souperon de Miguelón, Agamenón, Benjamina, o bifaz Excalibur... Ademais, asombráronse co fósil de mamut recén instalado.
Depois, pasearon unha cidade fermosa e chea de rincóns con encanto, aproveitaron para desprazarse ao Centro de Interpretación Algorri de Zumaia para aprender a formación do flysch, acantilados dese tramo da costa vasca e a rasa mareal e tamén para recorrer unha parte dese importante entorno xeolóxico.