Alfonso Villares e María José Gómez, os lugueses que forman parte do novo Goberno da Xunta

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Alfonso Rueda tomou posesión do seu cargo como presidente da Xunta de Galicia nun acto solemne que tivo lugar en Santiago de Compostela, sede da propia institución política.
Goberno Xunta de Galicia
14 Apr 2024

Alfonso Rueda tomou posesión do seu cargo como presidente da Xunta de Galicia nun acto solemne que tivo lugar en Santiago de Compostela, sede da propia institución política.

Ademais da toma de posesión, Rueda nomeou ás persoas que formarán parte do seu Executivo durante os vindeiros catro anos, cuxas personalidades son xa recoñecidas polo Goberno anterior.

Entre os elixidos hai dous lugueses, Alfonso Villares, que será o conselleiro do Mar, e María José Gómez, alcaldesa de Guntín que ademais agora tamén será conselleira de Medio Rural.

Con respecto aos demais, Diego Calvo será o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes; Ángeles Vázquez será a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Román Rodríguez será o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP; Fabiola García será a conselleira de Política Social e Igualdade, María Jesús Lorenzana será a conselleira de Economía e Industria, Miguel Corgos será o conselleiro de Facenda e Administración Pública, María Martínez será a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Antonio Gómez será o novo conselleiro de Sanidade, José López será o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e José González será o conselleiro de Emprego, Comercio e Inmigración.

0.14215898513794