Alfonso Rueda puxo en valor a Oficina móbil de atención a emigrantes retornados en Chantada
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou á oficina móbil ao seu paso polo concello de Chantada, onde destacou que a Oficina móbil de atención a emigrantes retornados permite achegar información e asesoramento sobre o retorno a calquera punto da comunidade.
“Retornar é un dereito pero somos conscientes de que non é fácil e que se precisa apoio despois de tomar esta decisión valente para poder integrarse e sentirse a gusto desde o primeiro día na que sempre foi a súa terra”, indicou Rueda.
Rueda salientou que o obxectivo da iniciativa Oficina móbil de atención a emigrantes retornados é garantir que ningún retornado quede sen apoio por ter dificultades para desprazarse ata a cidade.
Deste xeito, a Oficina percorre o rural galego para resolver calquera tipo de dúbida sobre trámites, cuestións tributarias, sobre o sistema educativo ou a vivenda así como para ofrecer asesoramento e orientación laboral personalizada.
Rueda resaltou que favorecer o retorno é clave para o futuro de Galicia xa que mais aló do dereito que teñen os galegos no exterior a regresar a súa terra, este colectivo é fundamental para afrontar o reto demográfico e seguir facendo da comunidade unha terra de oportunidades, cada vez máis competitiva.
Nesta liña, instou a non esquecer que “moitos dos antepasados dos que agora retornan” e que no seu día tiveron que emigrar sen “deixar nunca de sentirse galegos” son os que “axudaron a construír a Galicia das oportunidades” que temos hoxe en día.