Álex Losada séntese "orgulloso do traballo feito" no Campionato Mundial de Taekwondo

SarriaXa | RibeiraSacraXa
"Cando te enfrontas contra un asiático, é moi difícil gañar, porque son os favoritos, pero estamos orgullosos do traballo feito, xa que lle plantamos cara o mellor posible", explica
Álex-Losada,-Carlos-Rey-y-Marco-García-Campionato-Mundial-Taekwondo
4 Dec 2024

O profesional do taekwondo e promotor da AC Taekwondo Sarria, Álex Losada competiu, xunto aos seus compañeiros Carlos Rey e Marcos García do Club Neka de Monforte na categoría por equipos do Campionato Mundial de Taekwondo de Hong Kong.

Desta maneira, no sorteo da categoría por equipos, tocoulles enfrontarse contra Malasia, o que para eles foi "ter mala sorte, xa que era un dos preferidos para quedar finalistas na competición, explica Álex Camba.

Así, durante o primeiro poomsae, conseguiron empatar co asiático, mais no segundo perderon por unha diferenza de 0,05, "que é moi pouca diferenza e podería ter caído en calquera lado", sostén o deportista.

"Cando te enfrontas contra un asiático, é moi difícil gañar, porque son os favoritos, pero estamos orgullosos do traballo feito, xa que lle plantamos cara o mellor posible e fixemos moi bo papel. Así, seguiremos traballando para que o resultado a próxima vez sexa diferente", concluíu Álex.

0.16282200813293