Álex Losada consegue a medalla de ouro co seu equipo no Campionato de Europa
O adestrador da escola de taekwondo de Sarria, Álex Losada, participou esta fin de semana no Campionato de Europa de Poomsae, que tivo lugar en Insbruck-Austria, no que competiu en categoría menos de 30 anos en masculino de forma individual, pero tamén co seu equipo de Monforte, o Neka Monforte, na mesma categoría.
O primeiro día levou a cabo a modalidade individual, onde Álex perdeu na primeira rolda contra o representante de Francia, xa que tivo que superar a varios rivais de moito nivel e este "tiña unha nota de presentación máis alta", sostén o deportista.
Xa o segundo día tivo lugar a competición grupal cos seus compañeiros de Monforte, con Carlos e Dani, cos que acadou a medalla de ouro con gran soltura e sendo moi superiores ao resto de rivais. Con isto, o equipo de Álex, Carlos e Dani renova o seu título como campión de europa logrado en 2021.