Alemparte destacou o apoio da Xunta co sector vitivinícola na Feira da Rosca de Sober

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á Feira da Rosca de Sober, onde salientou o doce tradicional deste concello lucense, así como a importancia dos viños da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra para a economía, a cultura e a sociedade galega.
Precisamente, no contexto desta celebración, desenvolveuse o sexto Túnel do Viño de Amandi, no que participaron 25 bodegas da subzona de Amandi, pertencentes á DO Ribeira Sacra.
Neste evento, Alemparte destacou o apoio da Xunta co sector vitivinícola a través da Estratexia de dinamización e diferentes liñas de axuda, ademais de facer referencia ao esforzo e traballo de viticultores e adegueiros que contribúen, tamén, ao mantemento dunha paisaxe singular que é o motor turístico dun territorio que precisamos axudar a conservar.