Alberto Fafián e Alberto Gómez seguirán á fronte da bancada do CB Chantada

O Ucoga Seguros CB Chantada anuncia a continuidade do seu dúo técnico de referencia: Alberto Fafián seguirá como adestrador principal e Alberto Gómez, ‘Albertito’, como segundo adestrador unha tempada máis.
Fafián, chantadino de nacemento, afronta así a súa 19ª tempada consecutiva á fronte do equipo, consolidándose como unha das figuras máis emblemáticas do club, que lidera desde fai case dúas décadas, construíndo un proxecto deportivo sólido e respectado no baloncesto galego.
Por outra banda, ‘Albertito’ Gómez, que tamén foi xogador do CB Chantada e posteriormente adestrador principal, segue sendo a man dereita de Fafián unha tempada máis. A súa experiencia e coñecemento do club son un gran apoio para manter a estabilidade e o crecemento do equipo.
A continuidade deste tándem, din dende o club, garante que o proxecto do Ucoga Seguros CB Chantada manteña o rumbo, cun equipo con gañas de competir e un baloncesto que emocione á afección.