Aínda se pode visitar a mostra 'Mater Haereses. Prisciliano da Gallaecia' no Pazo de Sabadelle

A exposición 'Mater Haereses. Prisciliano da Gallaecia' organizada polo Pazo de Sabadelle, en Chantada,poderase ver ata o vindeiro 30 de setembro.
Este evento multidisciplinar, impulsado por Xosé Figueroa Lorenzana, estivo marcado pola asistencia de numeroso público, que puido desfrutar dunha performance artística, de poesía, contos, fotografía, pintura, música, gastronomía e viño da Ribeira Sacra e de Friol.