Aínda pódese participar no VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón
Segredos de Pantón convoca o seu VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón, no que poderán participar calquera persoa amante de Pantón e da fotografía ata o vindeiro 31 de decembro.
As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquera tipo, pero sempre que sexan do Concello, e cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade.
As persoas que participen deberán enviar a imaxe a través do correo segredosdepanton@gmail.com ou por Whatsapp no teléfono 662 669 223, indicando o nome da fotografía o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.
Gañadores
Os gañadores do certame será elixido polos propios usuarios, que terán ata o día 6 de xaneiro ás 17.00 horas para votar a foto que máis lles guste a través dunha ligazón de Doodle nas redes sociais.
Ademais, todas as imaxes serán subidas ao álbum ‘VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón’ e as 3 instantáneas con máis votos serán as agraciadas. De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón que desempatarán.
Premios
O primeiro premio consistirá nunha noite para dúas persoas no Fogar do Pumar, un paseo en zodiac para 2 persoas de Turismo Pantón, un bote dun kg de mel de Ouro das Obreiras, un lote de produtos de Casa da Fonte, un pixama de Rosal Moda, un percorrido guiado por Pantón da man de Galsentur, un chaleco térmico de Asesoría O Castro, unha pequena escultura de El Tallercillo del Bubä e úas botellas de Adega Sernande.
No caso do segundo premio, este incluirá unha noite para dúas persoas con almorzo na Rectoral de Castillón, un pixama de Rosal Moda, unha botella de Alma das Donas, unha botella de Adega Sernande, un chaleco térmico de Asesoría O Castro, un bote de mel de Mel da Caseira, un vale para un xogo para 6 persoas en El secreto del monje, un bote de medio kg de mel de Ouro das Obreiras e un lote de costura creativa de FeltDecor.
Por último, o terceira premio consistirá nunha funda para tablet ou e-book de Teresa Lamela, un lote de produtos de O fogar dos soños, un chaleco térmico de Asesoría O Castro, tres libros e unha bolsa de tela de A Libraría de Proencia, un pixama de Rosal Moda, unha botella de Alma das Donas, un bote de mel de Mel da Caseira, un libro de Estudio Gnomo, un bote de medio kg de mel de Ouro das Obreiras, un lote de produtos da horta de Postoiro S.C.G., un lote de produtos apícolas de O Mel Garuleiro e unha mochila-neveira e manta de picnic de Arribeirados.