Agroma Sober alerta do mal funcionamento da depuradora de Canaval

RibeiraSacraXa
Piden ao Concello que tome medidas ao respecto e instan tamén a rematar a obra do Punto Limpo
depuradora-canaval-acceso-punto-limpo-sober
Depuradora de Canaval e acceso ao Punto Limpo de Sober
25 Jun 2025

Agroma Sober – IGV denuncia que o mal funcionamento depuradora de Canaval. Aseguran que “unha vez máis, a ETAP de Canaval está sen funcionar” e que “o sistema electrónico dá fallos e interrompe o bombeo frecuentemente”.

Lembran que estes fallos “xa se teñen producido máis veces, tal como temos levado a pleno e tal como recoñeceu o Goberno local, que prevé un convenio con Augas de Galicia para cambiar o sistema electrónico da ETAP de Canaval”.

Advirten de que cando hai chea, a auga sen depurar chega a desbordar, o que deriva en “vertidos que afectan ao dominio público hidráulico” polos que o Concello tivo unha sanción de 270 euros por parte da Confederación Hidrográfica. Unha contía dende Agroma Sober consideran “ridícula”.

Sinalan ademais que este problema conleva un “cheiro insoportable”, máis aínda tendo en conta o calor das últimas semanas.

Asemade, denuncian tamén que a obra do novo Punto Limpo “está rematada pero sen todo o equipamento necesario”, e lembran que o Concello comprometérase a tela rematada no mes de xuño e que se limparía o exterior, “mais estamos a final de mes e continúa igual”, sentencian.

Ademais do arranxo pendente, Agroma Sober considera que a contorna da depuradora “merece unha actuación de mellora, pois hai fochancas e o espazo está moi degradado, como sucede no camiño do Punto Limpo. Ao atrancar o camiño os desperdicios do Punto Limpo, quedan os lameiros sen acceso e cheos de maleza”.

Por iso, piden ao Concello que solucione canto antes ambas cuestión, pois consideran que “é intolerable este estado da ETAP e da zona do Punto Limpo nun Concello coa Bandeira Verde de Galicia” e entenden que o ideal sería dotar Sober dunha nova depuradora.

⚙ Configurar cookies
0.15346002578735