AGAELA organiza esta tarde un encontro informativo sobre a ELA en Chantada

Chantada acollerá este venres, 19 de decembro, un encontro informativo organizado pola Asociación AGAELA para achegar á cidadanía á realidade da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). O evento terá lugar no Auditorio Municipal ás 19:30 horas.
Durante o encontro, profesionais especializados e persoas afectadas compartirán as súas experiencias para ofrecer unha visión completa da enfermidade, co obxectivo de comprender mellor a ELA, apoiar aos afectados e dar maior visibilidade a esta patoloxía.
A iniciativa pretende fomentar a concienciación e o apoio comunitario a unha enfermidade que aínda presenta grandes retos.