'Afectos' será presentada en Folgoso do Courel no marco do Encontro Europeo ABMS

RibeiraSacraXa
'Afectos' será presentada en Folgoso do Courel o 12 de abril no marco do Encontro Europeo ABMS na Serra do Courel
Afectos
11 Abr 2023

Kirenia Danza presentará a sua nova produción "Afectos" en Folgoso do Courel o vindeiro 12 de abril ás 17.00 horas.

O CPI Uxío Novoneyra será o lugar que acollerá esta presentación, como parte do programa do Encontro Europeo ABMS na Serra do Courel.

A entrada será de balde e para poder asistir haberá que pedir cita a través das web antibullyingmovementseries.eu e kireniadanza.gal.

Esta peza, coproducida polo Centro Coreográfico Galego-AGADIC, é a derradeira entrega da triloxía coreográfica 'Os vulnerables' e trata o impacto da pandemia da COVID-19 nas persoas migrantes e a súa rede de afectos.

A compañía demostrou o seu compromiso con este tema a través das entregas previas 'E-migrantas' e 'Primeiro a vida!', abordando a necesidade dun cambio no modelo actual de xestión das crises sociais.

A produción 'Afectos'

'Afectos' invita ao público a reflexionar sobre a importancia da solidariedade en tempos difíciles e rende homenaxe á complexidade das emocións humanas.

Tamén se enfoca no patrimonio humano da migración, como o Camiño de Santiago en Galicia, ao Kumano Kodo en Xapón, os corredores humanitarios da Ucraína e as novas rutas de emigración centroamericana, sendo unha invitación a conectarse co noso propio ser emocional e recoñecer a importancia de protexer os dereitos fundamentais das persoas migrantes e desprazadas.

A peza será interpretada por un gran equipo artístico, no que destaca o actor e bailarín courelao Bal Castro.

Despois do espectáculo as persoas que acodan ao evento poderán coñecer o proceso de creación co elenco, xunto aos participantes internacionais do evento vidos de Portugal, Hungría, Alemaña e Serbia, que colaboran neste proxecto europeo de educación escénica inclusiva.

Kirenia Danza
0.18288207054138