Afectadas liña do Maxal organiza un acto informativo para decidir que alegar en contra da liña de alta tensión

O colectivo veciñal e observatorio enerxético local Afectadas liña do Maxal de Chantada organiza para o vindeiro 25 de febreiro un acto informativo para facer alegacións en contra da liña de alta tensión que vai crear a Xunta de Galicia.
Así, os veciños reuniranse no Centro Recreativo e Cultural de Chantada (o Casino) para discutir sobre as alegacións que poden facer ata o 23 de marzo en contra da liña de alta tensión prevista para executar desde o Maxal ata o Encoro de Belesar (San Fiz).
Neste acto estarán presentes membros da plataforma, así como a asesoría xurídica da asociación cultural e ambiental de Petón do Lobo.
