Afamon e o Concello de Folgoso ofrecen obradoiros de memoria para a veciñanza

O Concello de Folgoso do Courel, en colaboración coa asociación Afamon Monforte, ofrece unha serie de obradoiros de memoria para previr o deterioro cognitivo entre a veciñanza. As actividades terán lugar os luns ás 15.30 horas en Folgoso e ás 17.30 horas en Seoane.
Os talleres están dirixidos a persoas de 50 anos ou máis que non presenten un deterioro cognitivo significativo e queiran potenciar os seus niveis de autonomía.