Adxudícase o contrato de mellora do camiño municipal das Lamas, en Monforte

RibeiraSacraXa
En concreto, trátase da mellora da pista do Aeródromo das Lamas, e completando a este proxecto, a mencionada mellora do Camiño municipal das Lamas
mellora-pista-de-voo-as-lamas-de-Monforte
23 Aug 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da adxudicación do contrato de mellora do camiño municipal das Lamas, por 91.718 euros, que foi adxudicado á empresa Excavaciones P. Prol, tras a celebración das correspondentes mesas de contratación.

A mellora do Camiño municipal das Lamas foi un dos dous proxectos de mellora en infraestruturas da cidade que o rexedor monfortino anunciou o pasado mes de xuño. En concreto, trátase da mellora da pista do Aeródromo das Lamas, e completando a este proxecto, a mencionada mellora do Camiño municipal das Lamas. En conxunto, ambas actuacións superan “cuarto de millón de euros (286.108,42 euros), o que fala por si solo da súa importancia, e serán financiados con fondos municipais”.

O Camiño municipal das Lamas é unha pista de servizo que une a estrada de Currelos co Campo de Tiro, é dicir, é a pista que bordea o Campo de Vuelo dende as pistas de exame de conducir ata os hangares e a pista que da acceso ó Campo de Tiro e á pista do Canal. Polo tanto, súa mellora vai contribuír a proporcionar un mellor servizo ó propio Campo de Voo, ó Campo de Tiro e ós veciños da pista do Canal.

As obras de mellora nesta vía municipal contarán cun 1 mes de prazo de execución, dende a sinatura da acta de replanteo, e consistirán na pavimentación con rego asfáltico do seu firme nunha lonxitude total de 1,54 km., sobre un ancho medio de 4 metros, polo que a superficie total de actuación será de 5.793 metros cadrados.

Dado que o firme, actualmente de terra, está deteriorado, é necesario unha actuación completa sobre o mesmo para proceder dotalo dunha nova capa de rodadura. Para elo, procederase, na maior parte da vía, á apertura de caixa, para posteriormente colocar unha base de pedra e un triple rego asfáltico. Na parte da vía na que xa existe firme asfáltico, procederase ó seu barrido, bacheo e colocación de dobre rego asfáltico.

Para a mellora do Camiño municipal de As Lamas, o investimento dende o Concello foi de 98.874,04 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19223403930664