Adxudicadas as prazas no campamento de verán de Monforte

RibeiraSacraXa
Foron un total de 489 as solicitudes de preinscrición que se rexistraron, para participar no campamento ou no campus de fútbol.
campamento verano castroverde
10 Jun 2021

O Concello de Monforte adxudicou as prazas para participar tanto no Campamento Deportivo de Verán coma no XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte-R. C. Celta de Vigo.

Foron un total de 489 as solicitudes de preinscrición que se rexistraron, para participar nalgunha das quendas do campamento ou no campus de fútbol, durante o período de preinscricións, que tivo lugar entre o 20 e o 31 de maio. A distribución das solicitudes, segundo períodos de tempo ofertados polo Concello, foi equilibrada, aínda que onde máis solicitudes se presentaron foi na primeira quenda do campamento deportivo (do 1 ó 15 de xullo), con 159 solicitudes, seguido da segunda quenda do campamento deportivo (na segunda quincena de xullo) con 138.

Tanto na primeira quenda do Campamento Deportivo como no Campus de Fútbol se rexistraron máis solicitudes que prazas ofertadas o que obrigou a aplicar os criterios establecidos de reparto de prazas e a realizar un sorteo das mesmas.

O sorteo foi realizado o venres 4 de xuño ás 12:30 h na sala de xuntas do Concello de Monforte, e nel estiveron presentes o técnico municipal de deportes, Óscar Rodríguez, e Elisa Martínez, funcionaria do Concello de Monforte. Na terceira quenda do campamento deportivo todas as persoas que realizaron a preinscrición adquiriron a súa praza.

Prazos e formalización de matrícula

Dende hoxe martes 8 de xuño e ata o venres 18 de xuño, todas as persoas con praza adxudicada deberán formalizar a súa matrícula.

Para elo deberán presentar a documentación requerida, ben nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude ou ben a través do correo electrónico deportes@concellodemonforte.com.

Para realizar o pago da matrícula, unha vez presentada a documentación requirida para a inscrición definitiva, enviaráselles, ao correo electrónico designado, a carta de pago correspondente coa inscrición. O pago poderano facer en Abanca, presentando a carta de pago, ou a través da pasarela de pagos habilitada na páxina web www.monfortedelemos.es. Tamén se poderá recoller a carta de pago nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude.

Tanto a lista de admitidos como as instancias de matrícula están colgadas para a súa descarga na sección de DEPORTES/ACTIVIDADES DEPORTIVAS da páxina web do Concello de Monforte www.monfortedelemos.es.

campamento veran monforte
0.17252802848816