Adxudicadas as obras de humanización do acceso a Fondo de Vila, en Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
Os traballos adxudicáronse por 255.429 euros e permitirán a construción dunha nova vía para facilitar o acceso aos servizos e dotacións municipais
firma-convenio-fondo-da-vila-folgoso
21 Jun 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 255.429 euros a execución das obras para a humanización do acceso a Fondo de Vila, no concello de Folgoso do Courel. Esta actuación, que executará a empresa Excavaciones Goni S.L., enmárcase no Plan Hurbe da Xunta, co que a Xunta colabora coas administracións locais para financiar intervencións de mellora de espazos públicos.

Os traballos, que terán un prazo de execución de 10 meses, consistirán na habilitación da vía V1 proposta no Plan xeral de ordenación urbana municipal (PXOM), para ampliar o acceso aos servizos e dotacións municipais, como son o albergue, o edificio de usos múltiples ou o museo.

Coa finalidade de humanizar o acceso a Fondo de Vila, construirase unha calzada única sostida en parte sobre un muro de contención, unha coieira coroada con varandas de madeira, buscando a harmonía co territorio.

A través do convenio asinado entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello ao abeiro do Plan Hurbe, a Administración autonómica asumirá o 70% do investimento desta intervención, e o Concello de Folgoso do Courel o 30% restante.

⚙ Configurar cookies
0.16073513031006