Adxudicada a obra da residencia de maiores da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O presuposto alcanza os 2,3 millóns de euros tras os numerosos atrasos do servizo A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres 29 de outubro a adxudicación das obras para a construción da residencia de maiores do Concello da Pobra do Brollón.
residencia maiores A pobra do Brollon
30 sep 2023

O presuposto alcanza os 2,3 millóns de euros tras os numerosos atrasos do servizo

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres 29 de outubro a adxudicación das obras para a construción da residencia de maiores do Concello da Pobra do Brollón. O centro convértese no duodécimo que a institución incorpora á rede de residencias para asistir ás persoas maiores na contorna rural.

O proxecto deste servizo acumula varios atrasos, polo que o acordo supón un gran avance no desenvolvemento do centro despois de quedar deserta en anteriores convocatorias a construción do xeriátrico. As dúas compañías que gañaron os concursos previos non chegaron a iniciar as obras e os contratos foron finalmente cancelados.

A portavoz socialista do Goberno bipartito, Pilar García Porto, quixo recordar na rolda de prensa a presión exercida polo Concello da Pobra do Brollón coa que conseguiron que a Deputación incrementara a dotación orzamentaria.

No mes de marzo, o pleno da institución provincial aprobou unha modificación do convenio co Goberno local para aumentar a súa contribución en 725.531,21 euros. Un aumento necesario tras a suba dos prezos de mercado debido ao contexto económico derivado da guerra en Ucraína e da falta de subministracións.

A construción da infraestrutura foi finalmente adxudicada por 2,3 millóns de euros, cun prazo de execución de 12 meses. O centro, que se situará na avenida de Outeiro da vila, contará con 36 prazas e na súa contorna disporá de espazos verdes pensados para o desfrute dos usuarios.

0.12913990020752