Acto de solidariedade co pobo ucraíno hoxe 9 de marzo en Monforte
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, convoca a todos os veciños e veciñas do Concello a un acto en solidariedade co pobo ucraíno, que consistirá nunha concentración silenciosa de 5 minutos, hoxe mércores 9 de marzo, ás 12 horas na Praza do Concello.
“Con este acto, dende o Concello queremos trasladar o noso apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína”, salienta o alcalde.
Este acto está convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias e dende o Concello, se anima á toda a cidadanía a participar nel. Ó acto tamén está convocada toda a Corporación municipal monfortina así como ós traballadores e traballadoras do Concello.