Activo un incendio forestal en Chandrexa de Queixa con máis de 20 hectáreas afectadas

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita
O lume iniciouse ás 00.58 horas da noite deste venres e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.