Actividades divulgativas e música para conmemorar o 8M en Bóveda
O Concello de Bóveda conmemorará o 8M con unha charla sobre mulleres e literatura, unha exposición e un espectáculo musical, entre outras actividades.
A escritora Antía Yáñez abrirá a programación municipal este luns no colexio Rosalía de Castro. Alí, a autora de obras como 'O misterio de Portomarín', 'Senlleiras' ou 'A Reconquista' falará sobre igualdade.
O mesmo día 8, o Concello de Bóveda ten organizadas outras actividades conmemorativas polo Día do Muller. Así, ás 12.00 horas celebrarase un 'acto pola igualdade' na casa consistorial e ás 13.00 horas terá lugar a inauguración da mostra 'Mulleres científicas que cambiaron o mundo' no centro sociocultural da localidade.
Os actos previstos con motivo do 8M rematarán o sábado 13 de marzo coa posta en escena do espectáculo musical 'O pozo das señoras', de Rilo&penadique. O evento, dirixido a un público familiar, será ás 17.00 horas na Praza da Filgueira, trasladándose ao centro sociocultural en caso de choiva.