A AEMET activa a alerta laranxa por nevadas no Sur de Lugo para este venres

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
Durante este xoves, as alertas mantéñense en nivel amarelo, pero prevéase un empeoramento das condicións meteorolóxicas a partir de mañá polo paso da borrasca Ingrid
031225-Traballos-da-Deputación-neve-na-Montaña-Lugo-25
22 Jan 2026

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activa o aviso laranxa por nevadas no sur de Lugo durante este fin de semana, especialmente durante a xornada do venres. Un aviso que se estende tamén no sur e na montaña de Ourense, con fenómenos meteorolóxicos adversos que se estenderán polo menos ata o sábado polo paso da borrasca Ingrid.

As alertas mantéñense en nivel amarelo este xoves, pero agárdase que suban a laranxa o venres, cando se prevé unha acumulación de neve de uns 5 centímetros en 24 horas, especialmente por riba dos 600 metros de altitude. A cota de neve irá descendendo desde os 700-800 metros ata situarse entre os 400 e 500 metros ao final do día, con posibilidade de ventiscas.

As autoridades recomendan evitar desprazamentos innecesarios e, no caso de ser imprescindible o uso do vehículo, facelo con pneumáticos de inverno e cadeas. Pídese extremar as precaucións nas estradas durante todo o fin de semana para garantir a seguridade.

⚙ Configurar cookies
0.077003955841064