Acometéronse diferentes actuacións para mellorar o municipio de Taboada
O Goberno local de Taboada vén de acometer diversas actuacións de traballos realizados a través da brigada de obras e servizos nas pasadas semanas co fin de mellorar as condicións estruturais de todos os veciños e veciñas.
Así, arranxouse e acondicionouse o camiño de acceso a vivendas no lugar da Sabugueira e doutros camiños rurais, acondicionouse a vía pública para garantir o acceso ás vivendas en Cima de Vila de Piñeira, retirouse da vía pública unha vivenda ruinosa caída no lugar do Xamogo e desbrozáronse de pistas de acceso a ribeiras.
Con respecto ás limpezas, limpouse a depuradora da vila, pero tamén diferentes vías que se desbrozaron e de fontes; así como se retiraron residuos e lixo en distintos lugares do concello (Vilela, Taboada, Esperante, Vilar de Cabalos...) e tamén se retiraron árbores e se limparon pólas en distintos lugares e
Por outra banda, solucionáronse moitas averías provocadas pola abundante auga destes días en Cerdeda, Avenida de Lugo, Rúa Real, Rúa Trapero Pardo, Aviación Española, Fenosa, Vilela, Bouzoa, Vilar, Tabernas... e tamén se solucionaron problemas nos motores da captación de augas por acumulación de terra e area provocada polas choivas.
Por último, fixéronse bacheos puntuais en distintas vías de titularidade municipal, como Cicillón, Taboada, Esperante, Susá..., colaborouse coa Deputación para a limpeza do camiño que discorre á beira do Miño entre Xián e Friamonde e co Obradoiro de Xardinería, así como se supervisaron as distintas obras a realizar en vindeiras datas.