"Aceitunero por un día" esta fin de semana en Quiroga
O programa "A Caída da Folla" que combina plans outonais variados e novos para os lucenses enmarca a actividade "Aceitunero/a por un día" en Quiroga. Esta, constará dun paseo polos oliveirais e a participación dos asistentes na recollida da oliva mediante o vareo. Despois visitarán a almazara e realizarán unha cata de aceites con pan da zona. Tras o xantar, a actividade continuará cunha visita a un taller de artesanía con madeira de oliveira. E, por último, coñecerán o tradicional muíño de Bendilló.
A actividade dará comezo ás 10.30 horas e alargarase ata as 16.30 horas. O prezo de 15 euros inclúe o almorzo. Os desprazamentos faranse en vehículos particulares.
Debido á alta demanda das prazas do domingo que xa están cubertas habilitouse unha nova saída o sábado 6 de novembro. Para consultar a disponibilidade: turismo@ribeirasacra.org