Acción contra a Fame organiza un ciclo de talleres para persoas emprendedoras en Chantada

Dentro do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, financiado por FSE+ e a Fundación MAPFRE, Acción contra a Fame pon en marcha un ciclo de talleres formativos dirixidos a persoas con proxectos ou ideas de negocio. O ciclo comeza o 10 de xuño en Chantada.
O obxectivo é achegar ferramentas e coñecementos prácticos para transformar ideas en proxectos viables, aprender a xestionar as finanzas, definir unha marca propia e comunicar eficazmente.
As sesións realizaranse na Aula CeMIT do Concello de Chantada, terán unha duración de 3 horas, de 16:00 a 19:00 horas, e serán semanais.
As prazas son limitadas e requírese inscrición previa a través do enlace. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 648 166 848.
PROGRAMA
- Martes 10 de xuño: A túa idea pódese transformar nun negocio? Explicaranse os tipos de sociedades, requisitos legais e trámites para iniciar un negocio.
- Martes 17 de xuño: Que non te asusten os números. Nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, gastos, ingresos, amortizacións, pagos e cobros.
- Mércores 25 de xuño: Conta a túa idea. Identificación dos valores e personalidade da marca para crear mensaxes e estratexias de comunicación.
- Mércores 2 de xullo: Reforza a túa identidade de marca. Uso de ChatGPT e Canva para crear contido visual atractivo e fortalecer a presenza da marca.